viernes, 9 de octubre de 2009

WONDERFUL 5

A entrada na web é moi confusa, posto que onde se resalta o texto "haz clic para entrar" non hai hipervínculo, e temos que arrastrar o rato pola imaxe ata atopalo. A opción de quitar a música non é cómoda, e ademais a canción comeza cada vez que abrimos un novo link. A galería de imaxes é pouco práctica, posto que obriga a ver as imaxes na orde que vén dada, sen posibilidade de pasar adiante e atrás. A cor a marela pode chegar a resultar molesta, e os distintos logos quedan algo incoherentes entre si.

GUIONIZA

A primeira impresión é estraña; a web permite baixar pero non hai nada que ver. O deseño é moi simple, pero funcional. Algún dos links (en "proyectos") leva fóra da páxina, o que é incómodo porque se acumulan as páxinas abertas. A sección de noticias é cómoda e interesante, pero queda moito espazo desaproveitado e pode facerse soso. Os contidos son básicos, pero coherentes e ben adecuados ó tema.

AOLIMITE

A páxina de inicio ten un tamaño excesivamente grande; obriga a empregar o scroll e fai difícil a visualización xeral dos contidos. A navegación é incómoda e obriga, no apartado de receitas, a baixar co rato en lugar de pasar á seguinte por fichas. Sen embargo, os enlaces palían ese problema en certa maneira. Os hipervínculos da páxina de inicio son confusos, e a organización é mala, posto que todo é caótico e complexo. O deseño é incoherente, e nalgunha ocasión semella pouco traballado.

OITENTEIROS

Ó igual que en Artesala, o deseño non lle fai xustiza á orixinalidade dos contidos. A estética dos anos 80 que tenta recuperar tradúcese nunha estética pouco traballada, inconexa e incoherente (distintos tipos de letra, cores, estruturas...) que non transmite madurez en ningún momento. A navegación faise incómoda pola ausencia dun botón para volver atrás. Hai hipervínculos que non levan a ningún lugar, o que quita imaxe de profesionalidade.

minimalab

O inicio é cómodo e sinxelo, acorde coa temática minimalista da páxina, que se mantén en toda a navegación. O deseño é moi coherente nese sentido cos propios contidos, e a imaxe da páxina ten gancho, os logos son chamativos e sinxelos de recordar. O único negativo é o tamaño das imaxes, que non se poden ampliar. Polo demais, quedamos cunha impresión moi boa.

ARTESALA

A animación de introducción é excesivamente longa e non se pode saltar, e iso fai molesto o uso da páxina, posto que a función de presentación non é necesaria a partir da segunda visita. As imaxes non teñen unha calidade óptima, e queda a medio camiño entre unha estética de collage e unha falta de traballo. Os contidos son divertidos, pero a estética destes non coincide coa da animación e do inicio, ó igual que o fondo. A sección de fotos ten fallos de deseño, aparecendo as fotos fora do marco e con contidos descentrados... En xeral, cremos que o deseño non lle fai xustiza ós contidos.

ZAPA

O inicio é orixinal e traballado, o que crea unha impresión positiva xa de inicio, posto que ó comezar a navegación pola web vemos que é acorde ó que prometía nun inicio. A estética é continua e dá unha sensación de coherencia que noutras páxinas non se consegue. O deseño está moi traballado, como se observa na conxunción de imaxes, cores, logos e animacións, e os contidos son completos e variados.

A navegación faise un pouco incómoda nas galerías de imaxes, pola imposibilidade de pasar dunha a outra con rapidez, o que se podería solucionar cun slide.

KEN AND THE DOLLS

Comparando este traballo co anterior, tendo en conta que ambos funcionarían como webs promocionais sobre grupos, este achégase moito máis ó que iso debería ser. A imaxe que se dá é moderna e desenfadada, cun inicio orixinal e creativo, un uso das cores continuo que dá unha especie de imaxe de marca... Os contidos son orixinais e traballados, e o fondo é cómodo e adaptado á temática. O único negativo que temos que comentar é que é preciso mover o scroll para poder visualizar a páxina de inicio ó completo, e iso non é práctico.

TUTTI FRUTTI

O contido é amplo, o cal é bo. Non hai botón de inicio, pero pódese chegar facilmente a calquera punto da web, o cal non é do todo malo. O espazo está desaproveitado, o movemento e as cores son moi molestas no inicio, os fondos superpostos son de mal gusto e semellan estraños e siniestros, e en xeral a imaxe que se dá é arcaica. O cal é moi negativo.

QUETEQUERO

A primeira impresión que temos deste traballo é mala. A páxina de inicio parécenos innecesaria, e abusa das cores facéndose recargada e molesta. Esta estridencia nos tons continúa durante todo o uso da web, e fai que a navegación non sexa agradable nese sentido. Sen embargo, tendo en conta a temática da páxina, é positiva a súa orixinalidade.

A navegación é cómoda, e os enlaces facilitan o paso duns elementos a outros. De todas maneiras, semella excesivamente pechada nos seus contidos, sen tendencia á actualización. Ó incluír un e-mail de contacto podería camiñar cara ese obxectivo, pero non se concreta para nada.

RADIOACTIVOS

A impresión xeral que temos desta páxina é moi positiva. O motivo principal desta valoración é a súa funcionalidade: a navegación pola web é moi cómoda e sinxela, e adáptase perfectamente ó cometido de achegar información de utilidade sobre a radio. En canto ós contidos, a web é completa e aporta elementos pouco comúns noutras páxinas do mesmo ámbito.

O principal problema que atopamos en canto ó deseño é o desaproveitamento do espazo, posto que hai unha parte moi grande da pantalla que queda sen utilizar. Porén, consideramos que é orixinal e ben estruturado.

jueves, 8 de octubre de 2009

Benvidos ó rancho


Ola. Bon rodeo.