A idea definitiva a levar a cabo polo noso grupo é a elaboración dunha páxina web promocional dun traballo cinematográfico factible (pero inexistente en principio), a través da invención e desenrolo dunha historia.
Ademais de ter unha temática que nos interesa e por suposto nos motiva, cremos que pode resultar realmente útil coñecer a parte promocional destes traballos onde o emprego de páxinas, diarios, blogs… promocionais é unha práctica cada vez máis frecuente. Este feito chámanos a atención e cremos que poderemos cubrir os contidos correspondentes con material interesante e creativo.
Danos tamén a oportunidade de traballar unha historia propia, que posteriormente podería desembocar nalgún outro tipo de proxecto, e que non depende tanto doutros materiais xa existentes que condicionen e limiten os contidos.
O material a incluír ofrece unha ampla variedade de opcións, e estará disposto en apartados; como a sinopse, o trailer da peza, material promocional (posters, carteis, banners, fondos…), críticas, notas de prensa, fichas técnicas do equipo e do elenco, etc.
Estes serían os contidos principais, pero cabe a posibilidade de engadir moitos máis, como por exemplo un diario de rodaxe, que actualmente é un mecanismo promocional moi de moda.
Co proxecto cinematográfico aínda sen determinar, é complicado definir un target para o mesmo e, polo tanto, tamén para a web. Son moitos os factores dos que depende o público obxectivo, comezando polo xénero do traballo. De tódolos xeitos, este medio promocional deixa á marxe ó público máis novo e tamén o máis maior, polo seu menor aceso á rede. Grosso modo falariamos dun rango de idades entre 18 e 35 anos, que iremos concretando, conformado sobre todo por cinéfilos e xente interesada no cine español e galego.