miércoles, 9 de diciembre de 2009

Logotipos e contidos web

Os logotipos
Unha boa exposición, moi interesante e entretida. Cabe destacar a relación entre logotipo e tipografía (tema que ademais temos recente da semana anterior). Ámbolos dous débense adecuar ó produto que se ofreza, de xeito que garden unha mínima relación perceptible para o consumidor-espectador, e que ademais sexa unha imaxe retida e recoñecible. O renovarse ou morrer neste aspecto é fundamental; sobre todo cos constantes cambios na demanda de cada mercado, a oferta débese readaptar.

Calidade dos contidos

É un tema máis teórico, e polo tanto máis complicada de dinamizar. A calidade non é o mesmo que a cantidade; os criterios de elección de presentación dos contidos farán que o noso visitante quede a ollar a nosa web; e a súa calidade logrará que visite cada unha das páxinas que contén. O obxectivo é conseguir unha páxina que pague a pena ver, e niso, a presentación, a facilidade de aceso, actualizacións, fiabilidade, e outros tantos factores, son fundamentais.

2 comentarios:

  1. Moi ben a interacción. O equilibrio entre forma e fondo, entre forma e función, entre imaxe e contio. é o eterno dilema. ¿hai que buscar ese obxectivo sempe?
    marotlo

    ResponderEliminar