jueves, 14 de enero de 2010

Comentarios acerca das exposicións.

A primeira exposición gustounos moito e pareceunos moi ben documentada e con exemplos moi oportunos e informativos. Estamos de acordo con que os títulos de crédito é algo a reivindicar como traballo creativo que desenvolve unha función tan importante como a de apertura e peche da obra audiovisual. Ademáis disto, apreciamos unha tendencia xeral do cinema actual, que consiste en engadir imaxes que forman parte da película que poden ser peches cómicos, ou escenas eliminadas ou tomas falsas ó lado ou superpostas sobre os títulos de crédito para fomentar o hábito de quedar na sala a ver os títulos de crédito.
Consideramos tamén que a tendencia de pór tódolos nomes da xente que participou en menor ou maior medida é actual, xa que no cinema clásico só aparecían as figuras principais.

Da segunda exposición gustounos que puxeran varios exemplos de diversas páxinas que soportan videos a maiores de youtube, pois é case un monopolio, e que se resaltaran tanto os seus defectos como as súas virtudes.
Botamos en falta unha maior presencia da parte práctica, como solucións para todos os problemas que prantexa subir un video, algo moi diario e util, e compredemos que non puideran afondar máis pola falta de tempo.

1 comentario:

  1. Da primeira exposición, cabe destacar que nos introducen en aspectos que pasaban inadvertidos para moitos de nós.
    Na segunda, o que vós estades a dicir é moi certo, pero a falta de tempo xogoulles unha mala pasada. Non obstante, no seu blog explican o que lles faltou

    ResponderEliminar