Esta exposición pareceunos moi boa: foi amena, interesante e adaptábase moi ben á materia, facéndose útil para todos. A televisión é o medio de comunicación co que estamos nun contacto máis frecuente, e este traballo fixo que centráramos a nosa atención nalgo no que normalmente non reparamos, como é o deseño. O uso de exemplos permitiu unha comprensión instantánea dos conceptos, que doutra maneira podían non quedar claros, e fixo evidente a importancia do grafismo para a imaxe de marca das distintas cadeas e produtos audiovisuais.
Pareceunos tamén moi interesante que se dera unha perspectiva histórica da evolución do grafismo ata o día de hoxe, e o video introductorio amosa en boa medida o grao de traballo e compromiso co tema do grupo. Non temos nada que reprochar, xa que a exposición foi completa e cremos que non quedou nada pendiente de tratar.
Comentarios de webs de CAV's
Hace 14 años
Compartimos la misma opinión! As tres en punto únense a cabalo felíz!:)
ResponderEliminarMoitísimas grazas polas alabanzas! Fixemos todo o que estivo da nosa parte!
ResponderEliminara min pareceume un vídeo digno dos bos realizadores e que axuda de importancia ao traballo. É verdade o da imaxe corporativa que comentades e estivo acertada a perspectiva histórica
ResponderEliminar