FRIKISPORTS
A páxina de inicio ten un deseño atractivo, pero non se corresponde co que aparece a continuación. É de agradecer que a páxina teña coherencia na súa estrutura, utilizando o mesmo deseño base para os diferente contidos, e estes son amenos e desenfadados, se ben creo que o sentido do humor pode ficar incomprendido por parte do público. O menú á esquerda facilita a navegación, pero é incómodo ver as páxinas por mor do scroll. As imaxes rematan por recargar moito a visualización da páxina, e distraen a atención do contido central. Percíbese o interese polos temas a tratar por parte dos creadores. Nota: 6.
BANG
Non é fácil ser obxectivo coa propia páxina, pero penso que está lograda en canto a estética e contidos. Quizais podía ofrecer contidos máis completos, pero en comparación coas webs promocionais de filmes reais non se queda demasiado curta, polo que creo que non se pode criticar nese aspecto. A navegación é sinxela, a visualización cómoda, e os temas son amenos para o público obxectivo, que é quen se interese no filme ficticio. Detrás hai, ademais, unha vontade de utilizar as ferramentas que vimos na clase e aproveitar os seus recursos. A estética podería ser máis próxima ó cine negro, pero conseguir iso supoñería tentar abarcar demasiado. Nota: 8,5
REVOLUCINE
Primeiro fallo (se non o digo, revento): hai unha falta de ortografía nun dos títulos ("Intrucciones"). Pode parecer que non é grave, e podería corrixirse cunha simple actualización, pero dá unha imaxe de falta de profesionalidade. Por outra parte, non se corresponde coa estética xeral da páxina, bastante lograda en canto ós contidos. O logo de entrada si se corresponde co aspecto da web, non como sucede noutros traballos. Porén, aínda que a idea é orixinal, os tests remátanse pronto. Incluír uns enlaces a outra redes é unha boa idea, pero non penso que poñer fotos da rodaxe sexa necesario nunha web deste tema. Nota: 6,5
MALDIA
Moi útil as recomendacións de uso e demais na introducción, que toma así un sentido por riba de amosar só o logo, cousa que moitas veces remata por volverse cansina para un usuario habitual. A estética correspóndese perfectamente coa do grupo, o cal é necesario e moi positivo. Penso que o inicio debería ter algún contido máis que as novas, porque se observa demasiado espazo baleiro, e tal vez outra tipografía fose máis adecuada. Porén, a web cumpre perfectamente o seu cometido, aportando información útil de maneira clara e dando mostras de estar ó día. Nota: 8
AS TRES EN PUNTO
O aspecto visual está moi coidado (como non podia ser doutra maneira dado o contido). Personalmente non escollería unha estética dese tipo, pero non se pode negar o traballo que hai detrás, que lle dá unha entidade algo superior a outras webs. Quizais o maior problema que teño con este traballo está na falta de conexión que podo ter como espectador, pero a nivel de usuario é un dos deseños máis completos, e tamén no aspecto dos contidos. A pega está tal vez na falta de conexión entre as tres artistas, que só se conectan a través da páxina principal, e en que se podía permitir certa interactividade ó internauta. Nota: 8,5
NEOTERISTAD
A páxina de inicio e a animación de carga demostran traballo, pero hai un problema coa entrada á web a través do logo, que é demasiado pequeno e sen indicacións. Vexo unha certa incoherencia entre as tipografías do corpo de texto, a da imaxe e a dos menús. Pero o uso das cores é interesante, creando ese contraste. A imaxe do lado dereito faiseme innecesaria. O aviso legal, a privacidade e o equipo na parte inferior amosan profesionalidade. Os contidos son axeitados, pero o deseño (e o nome) non se me fan o suficientemente atractivos como axencia de publicidade, se ben as súas campañas amosan algo diferente. Nota: 7
AS DE CORAZÓNS
A web é moi divertida en canto a contidos. O deseño sería mellor se non se viran os cadros de texto na imaxe principal. Porén, a estrutura é clara e as cores conectan habilmente co espírito do proxecto. E o xogo pareceume un detalle de humor xenial. Desfrutei moito navegando por ela, aínda que algúns fallos, como o scroll ó abrir as páxinas, fano máis complicado... O enlace de volta ó comezo non está o suficientemente claro. Nota: 7,5
MADRESELVA
De todos os traballos é, posiblemente, o que dá un aspecto máis profesional, tanto que non semella un traballo de clase. Cumpre todos os seus propósitos como ferramenta de promoción e deixa aberta unha ventá á interactividade coa presenza da conexión a Facebook e ó blog. A estética é desenfadada, pero "ecolóxica", co uso acertado dos tons e a tipografía. Nota: 9
CHITA FAN CLUB
Creo que non podo deixar de lado a brillante idea que me parece o concepto desta web. Como motivo central da páxina, funciona moi ben. As cores selváticas, xunto coas árbores e as diversas iconas simiescas (que forman unha agradable simetría) dan un tono desenfadado que conecta directamente co carácter da famosa mona Chita. A documentación ó respecto é, cando mínimo, interesante, e conecta co espírito xuvenil do fan que todos levamos dentro coa galería de curiosidades. Nota: 8
M.GESTEIRA
Ó igual que Madreselva, é unha web moi profesional. Porén, creo que esta non conecta da mesma maneira co espírito da empresa nalgúns aspectos. A estética semella demasiado "moderna" e actual para unha empresa de corte tradicional como acostuman ser as de transportes. Pero isto pode ser froito só dunha serie de prexuízos, polo que se debe valorar positivamente. O logo non me encaixa co sector da empresa, e a impresión que teño en xeral é a de que podería desconectarse do usuario potencial. Isto é a pega, pero o deseño é atractivo, a navegación sinxela e os contidos adecuados. Nota: 7,5
DEPORTE NO ES SOLO FÚTBOL
Está ben deixar un espazo á participación da xente a través do foro, e os pasatempos conectan co ambiente divertido destes deportes curiosos. Sen embargo, o deseño deixa bastante que desexar, con cambios de cor de fondo, desaparición do menú inferior do inicio ó entrar nas páxinas...
Comentarios de webs de CAV's
Hace 14 años
O menu inferior pensabamos que era adecuado poñelo só na páxina principal, pero quedaría mellor en todas as páxinas.
ResponderEliminarO foro e os pasatempos pretenden a participación do usuario, e queriamos que non fose monótona a páxina.
E si, o deseño é máis ben feo
D. Antonio, O Recuncho dos Lacazáns
Sentimos perxudicar a túa mente por haber posto tal aberración (a s de instrucciones). Pedímosche disculpas.
ResponderEliminarPor certo, "revento" é con b en galego e non con v.
Errare humanum est. ;)
SUPOÑOQ UE O FEITO DE QUE A NOSA PAXINA WEB NON FIGURE NESTE COMENTARIO EN PARTICULAR SERA UNHA CONFUSION
ResponderEliminarANIMAMOSVOS A QUE NOS APORTEDES IDEAS!!!PATRICIA COUCHEIRO
umm
ResponderEliminara nosa tampouco está :(
jus
tan suspensas estamos...
Non sei quen está detrás de "cabalo feliz" polo que non podo ter en conta as opinións. síntoo.
ResponderEliminarmarotlo