domingo, 18 de abril de 2010

Evaluación webs

Antes de nada, darvos as grazas a todos os que quedastes ás presentacións esa longa tarde do luns ;)
Non considero que sexa ninguén para valorar realmente o traballo dos demais, pero aí vai.

Frikisports


Considerable o traballo dos nosos compañeiros, sobre todo na animación inicial, que impacta considerablemente. Probablemente se un ve iso, entrará na páxina.
A funcionalidade é correcta; mágoa que o menú non se adapte á celda correspondente; pero polo demais é unha estrutura fácil cómoda, con moito contido (ben desarrollado) pero sen chegar a saturar ó visitante, pola súa distribución.
Nota: 7


BANG

Isto xa é o peor. Comentar o traballo do propio grupo. De tódolos xeitos, estou satisfeita co resultado, sobre todo porque a temática escollida deunos moito xogo para deseñar a páxina, e tiñamos moitos exemplos que daban unha idea do que precisamos. O deseño é sobrio e sinxelo, pero igualmente atractivo. A funcionalidade tamén é moi directa, sen modificar moito a base da páxina para poder navegar con comodidade.
Magoa de que nos esquecemos de engadir o grupo de facebook da película; e que as animacións ás veces tardan un pouco, é o que ten o flash. Nota: Abstéñome de poñernos nota a nós mesmos.


REVOLUCINE

Nome peculiar, dende logo; igual que a páxina. Ten unha sinxela navegación e introduce a interactuación do internauta, mediante contidos inxeñosos; cousa que lle soe gustar á maioría deles.
O único que non me entusiasma é a animación estilo Matrix, non parecer seguir a liña da web, pero pode ter xustificación xa que é dunha temática moi revolucionaria.
Coincido en que é importante introducir un botón para poder detener a música; ben feito.

Nota: 7,5


MALDIA

Ten unha estética moi axustada á temática da páxina, cun fondo moi suxerente. Estrutura sinxela, pero é que non lle fai falta máis; é un claro exemplo de que hai que aforrarse o que sobra; a navegación é realmente intuitiva.
Os contidos están ben resoltos, ademais de actualizados; poucos grupos atrevéronse a incluír unha parte de información que requira unha constante actualización.
Importante destacar as suxerencias de resolución e navegador, e aínda que non a visitei con esa resolución está todo perfecto.

Nota: 9,5


AS TRES EN PUNTO

Esta sería outra web promocional, neste caso de tres profesionais en diferentes ámbitos, pero á vez todos eles relacionados. Gústame o deseño, é destacable que con certos elementos presentes (como o fondo) podería ter quedado tirando a cursi; pero están moi ben empregados, e non é así.
É unha páxina moi dinámica, con gran cantidade de contidos, e igualmente cómoda á hora de moverse por ela.

Nota: 9

*Non sei se hai algún erro ou é cousa da conexión, pero había algún sección que non se veía texto ningún.


NEOTERISAD

Ten un deseño bo, sobrio e concreto; e aínda que as cores fánseme algo opostas, o feito de que formen unha gama para cada lado da páxina é unha boa forma de estrutura.

Os anuncios están moi ben escollidos, igual ca o resto dos contidos. Ademais este grupo engade a o organigrama e os temas de privacidade propios dunha compañía publicitaria.

Nota: 8


AS DE CORAZONS

Moi bo deseño de páxina, que racha cos clichés deste tipo de webs. Ten un contido moi orixinal e elaborado, crítico e paródico do mundo do corazón. Mágoa de que quedasen as páxinas sen titular, e que o botón de regreso á principal está un pouco acochado. Polo demais, é moi cómoda de usar e cunha divertida presentación.

Nota: 8


MADRESELVA

Bo exemplo de como se deben facer as cousas. Ten un aspecto rechamante sen ser cargante. Ó primeiro chama a atención a presenza de dous menús, pero trala explicación do por que enténdese a súa boa funcionalidade que teñen a medida que medre a páxina. Un deseño moi orixinal, no que destaca a animación flash, que chama a atención cara a sección que lle aporta máis beneficio á páxina, os pedidos; e outra máis peculiar con consellos.

Os contidos son moi completos, aínda que tamén están por completar. Moi interesante o sistema do blog para os compoñentes da empresa que con soamente un mail automaticamente é publicada unha nova entrada.

Nota: 9,5


CHITA FAN CLUB

Páxina moi peculiar e graciosa, sinxela e ben estruturada. Ofrece a participación se nos queremos facer tamén fans do famoso simio. Un deseño sinxelo no que falla un dos lados do fondo selvático, que non está na súa marxe.

Nota: 7


Transportes M. Gesteira

Son algo reticente ás páxinas exclusivamente en flash pola lentitude que normalmente teñen. Esta web neste sentido está ben realizada. Cunha estrutura clara e deseño elegante que facilita a navegación. A pega é que a sección de flota crea un scroll mínimo, que corta parte da páxina, e tampouco é tan pronunciado como para ser necesario. Despista un pouco que a páxina de rutas non as marque, aínda que iso xa foi explicado na presentación.

Nota: 7,5


Deportes no es solo futbol

O nome de por si xa chama a atención; pero a páxina o fai máis. O deseño non é demasiado cómodo, xa que a combinación de cores parece non encaixar. A estrutura quedaría mellor centrada na páxina. Os contidos son curiosos e aporta a novidade do foro.

Nota: 6


MEQUETREFES

Orixinal deseño no que destaca a tipografía, moi peculiar aínda que poida que despiste segundo que palabras. Como única pega sería o pequeno scroll que ten. Non sería tan relevante senón fora porque quedan ocultos os enlaces ó contacto e ó blog.

O contido é completo e chamativo para o visitante, ofrécelle un avance do que fai o grupo, o suficiente para interesarse por el.

Nota: 8


Se te va la olla

Esta web ten un deseño un tanto rechamante. A estructura é sinxela, non hai demasiados elementos cos que un se perda.

O malo é que dous dos enlaces do menú dan erro.

Nota: 6


Mastercav´s

Páxina de temática moi interesante para nós, xa que é unha forma de darse a coñecer no ámbito profesional. Ten un deseño moi completo, aproveita beno espazo e Emprega un orixinal fío condutor en toda a páxina, os paus da baralla.

A estrutura ademais é moi cómoda, unicamente o botón que leva ó inicio da web non é moi intuitivo; de tódolos xeitos, ó abrirse as sucesivas páxinas en pestanas diferentes, sempre conservaremos unha coa inicial.

Hai que destacar o traballo dos vídeos realizados por este grupo, que nos aportan a todos diferentes traballos, exemplos e opinións.

Nota: 8


SMDb

Persoalmente esta páxina dame medo. Pero suponse que algo así pretende. É curioso o xogo de siglas que fai coa famosa internet movie database. O deseño está moi logrado, aínda que por darlle máis relevancia á imaxe non se aprecian ben os textos. Agradeceríase ademais un botón para poder desactivar o audio.

Nota: 7


Olalla Pazos Tenreiro

3 comentarios:

  1. OLALLA
    e moi interesante o que dis de que non se ve o apratado de contacto e blog
    cando o deseñamos si se via, estou de acordo en que e un aspecto importante
    PATRICIA COUCHEIRO

    ResponderEliminar
  2. O deseño non é nin demasiado nin nada cómodo. Non lle mola a ninguén.

    ResponderEliminar
  3. Teño que probar a modificar a resolución, porque poida que sexa que non vin a paxina coa idónea, xa que dis que a vos si se vos ve. Tes razón, comprobareino

    ResponderEliminar