domingo, 25 de abril de 2010

valoración das páxinas webs

Alba Lorenzo Miguéns

FRIKISPORTS: 6

Paréce orixinal a animación principal, sinxela pero traballada, non é sobrecargada e invita ao usuario a entrar na web. En canto á paxina principal, o deseño é claro e sinxelo, o menú lateral permite a fácil identificación dos elementos. Gustoume que ademais dos contidos principais agregaron pequeñas sección que enriquecen a páxina como a creación dun concurso ou dun foro.

BANG: 8
É imposible ser obxectivo co traballo dun mesmo de xeito que a opinión vai ser quizabes demasiado persoal. Penso que todos os do grupo quedamos contentos co resultado final da páxina e ademais diso gustounos realizar o contido da propia que incluía a rodaxe dun tráiler falso de xeito que ademais de aprender deseño neste proxecto tamén o pasamos ben. En canto ao deseño, non se pretendía crear nada plenamente innovador senón ofrecerle ao usuario unha páxina de fácil acceso na que os elementos fosen acordesá estética do suposto filme.

REVOLUCINE: 8

Paréceme moi orixinal e moi elaborada, o deseño é acorde á temática e resulta cómodo, o menú na parte superior tamén me parece acertado e as sección son claras e funcionais, dende o meu ordenador aparece un pequeno scroll pero moitos dos grupos tivemos problema coa resolución das pantallas e de tódolos xeito non resulta moi molesto. En canto ao contido, ao meu parecer foi unha das propostas máis orixinais e divertidas. OS integrantes do grupo asumiron a labor de realizar a páxina sobre unha temática a priori un tanto difícil sen esquecer o deseño da web que era o que neste caso tiña maior importancia.

MALDIA: 8
O deseño encaixa á perfección coa temática tanto nas cores como na tipografía e incluso no propio logotipo do grupo que nos invita a entrar á páxina principal. A funcionalidade tamñen é correcta pois o usuario pode acceder a todo o contido web así como aos enlaces que se proporcionan dende a sección de páxinas amigas. O contido amplo e ao mesmo tempo claro, acorde coas páxinas de promoción de grupos musicais.


AS TRES EN PUNTO: 9

O deseño é dos máis elaborados e ao meu parecer de maior dificultade, ofrece unha estética moi persoal acorde co contido que se nos amosa na web. As cores, o fondo da páxina así como as fotografías e a tipografía están moi ben seleccionadas e concordan á perfección. A web tamén resulta funcional xa que se pode acceder sen problema ás aplicación que nos ofrece. O contido é amplo e interesante, destacaría tamén o traballo levado a cabo nos videos das protagonistas que se nos permiten visionar na páxina de inicio e na sección de contactos de cada unha.


NEOTERISTAD: 7,5
A páxina en si resulta cómoda a única pega póñolla á pestana de inicio que non me parece moi funcional xa que o usuario debe pasear o rato ata atopar o botón de entrada. Polo que se refire ao resto do deseño da web a min paréceme funcional e adecuado ao contido. As cores como explicaron na exposición están xustificadas e son coherentes en toda a web e a navegación resulta cómoda. Ademais o contido é amplo e inclúense sección moi orixinais como a de campaña que amenizan o viaxe por unha páxina de temática “seria” ou profesional.

AS DE CORAZÓNS: 7,5

Unha páxina orixinal tanto en deseño como en contido, o cadro de texto d páxina principal pensó que quedaría mellor noutra tipografía pero a organización das sección parécememoi adecuada. Resulta funcional, a única pega que lle poñerí sería o botón de volt ao inicio pero tampouco resulta incómodo. O máis destacable ao mu parecer, a capacidade para realizar unha wen en ton irónico sen perder o obxectivo do traballo e sen converter este nunha parodia, os contidos son completos e moi orixinais, tanto que me deu pena non poder visionar máis videos durante a exposición.

MADRESELVA: 9
Unha das páxinas máis proesionais, ao contrario que outras que tamén me gustaron moito esta ten de especial que superou o grado de traballo de clase, para ser un proxecto real. O deseño é o perfecto para a temática e resulta cómodo e funcional, nin demasiado serio nin demasiado rechamante ou excesivo. Paréceme un gran traballo.

CHITA FAN CLUB: 6,5
O deseño é sinxelo e as cores acordes á temática. É unha páxina que aposta pola sencillez pero dentro deste esquema cumple cos requisitos, a funcionalidade é correcta e os contidos orixinais e variados, sobre todo a parte dos vídeos. Agradécese o ton humorístico co que se tratou a web.

TRANSPORTES M. GESTEIRA: 8

Outra das propostas máis profesionais que se presentaron, o deseño adáptase ao contido e a páxina presenta coherencia en todos os aspectos. Moi elaborada e funcional. A única pega póñolla á sección de rutas na que se inclúe o mapa de España pero só se pode presionar sobre a provincia de Pontevedra, dendo onde nos enlazan á sección de contactos, na exposición Olalla explicounos o motivo disto pero pensó que para os usuarios da web pode resultar algo confuso.


DEPORTE NO ES SÓLO FÚTBOL: 5,5

A distribución das seccións é clara e favorece a navegación pola páxina pero a min persoalmente a estética non me convence. A funcionalidade é óptima e os contidos, aínda que a min particularmente non son dos que máis me chaman a atención tamén son variados. Se tivera unha estética máis profesional gañaría puntos


MEQUETREFES: 8

Resulta orixinal e convincente, unha estértica sobria que ao mesmo tempo chama a atención e está en consonancia co contido. As cores oscuras convéncenme pero hai algún problema para ler os conidos nalgunha das seccións e a tipografía nalgúins casos desconcértame un pouco. O contido paréceme completo e traballado, cumpre cos obxectivos de autorpomoción dun grupo de teatro á perfección.

SE TE VA LA OLLA: 5,5

É unha páxina divertida pero falta cohesión nos contidos, o deseño é acorde coa temática pero quizabes demasiado rechamante,. Os enlaces a min funciónanme correctamente e aínda que pensó que podería organizarse mellor a ordenación das sección tampouco resulta molesta á hora de navegar.

MASTERCAV’S: 8

Paréceme unha web moi completa. En canto ao deseño, a min particularmente non me gusta o fondo pero non resulta incómodo á hora de navergar, só é unha apreciación persoal. A páxina aborda contidos moi amplos que como dixeron algún dos compañeiros está claro que nos interesan. Engadiría texto nas cartas que levan ás diferentes seccións para que estivese máis claro o contido ao que accedemos e sería mellor que os enlaces non se abrisen en diferentes pestanas. Admiro a labor de recolección de información que fixeron as nosas compañeiras e ademais diso o traballo de deseño con flash e as animacións que incluíron.

SMDB: 8

O deseño impresiona nada máis entrar na páxina, a estética convence e é totalmente acorde ao contido. Paréceme un bo traballo, orixinal e transgresor pero non gratuito. Porén, penso que a parte textual non quedou ben resolta pois non ten sentido poñer a sinopse do filme se a fonte é tan pequena que non a podemos ler. De todos xeitos o formato paréceme moi orixinal e interesante e a inclusión dos trailers moi acertada. Non estaría de máis un botón para poder desactivar o son.

6 comentarios:

  1. Grazas polo esforzo. Deixamos un pouco de lado o esquema proposto para análise, pero en todo caso sumastedes un traballo máis. Polo menos pasastedes pola dificultade que supón criticar e autocriticarse. Non é unha tarefa agradable. Sempre se traslucen disensións.
    marotlo

    ResponderEliminar
  2. Grazas por participar, obrigatoriamente. Traballastades. As gotas de suor aínda se ven en zonas da AI6. Non sei si Fran se sintirá moi representado, pero houbo entusiasmo e ganas de facer cousas. Eso sí, uns máis ca outros (perdón polo galego). É algo que sabedes perfectamente, pero foi, en xeral, unha promoción boa, ó igual que os vosos compañeiros do curso anterior. Así que estivo ben mentres durou. Felicidades a todos e todas e agardo ver os vosos nomes, nun futuro non moi lonxano, entre oropeis de fama e de cartos.
    Agora o lado práctico. Como pechades unha etapa, admitín a trámite as vosas valoracións, así que a nota é a que vos decidistesdes co esforzo de revisar e avaliar cada web.
    Sumei todas as notas por proxecto e dividin por 43, número total de persoas implicadas no proceso.
    Polo tanto, a nota de Bang é 7,7.
    marotlo

    ResponderEliminar
  3. Perdón por non apuntar horario de revisión:
    - hoxe martes, de 18:00-20:30
    - xoves e venres de 12:30 a 14:00
    -- As notas, por suposto, son provisionais, xa que faltaba o tempo da revisión.
    -- Hai 2 equipos, Madreselva e Mequetrefes que van ter máis nota porque entregaron o manual de estilo.
    -- Falta a valoración das bitácoras que se incorporará á parte teórica
    marotlo

    ResponderEliminar
  4. Deseño: correcto e traballado. Non hai desprazamentos. A animación de Equipo podería pararse nalgún momento, aínda que está ben o xogo entre pistola e a bala que aparece ó final, como a métafora usada na navegación da galería de imaxes.
    Funcionalidade: Correcta. Todo funciona, non hai problema cos enlaces. Ben a identificación das páxinas. Non aparecen como documentos sen título.
    Contido: o apartado de Equipo serían os personaxes ou os actores?. Podería terse ampliado un pouco máis, unha vez que a páxina ten ese obxectivo, non sei falar do estreno, por ejemplo. Bó ó mellor aparece nalgún sitio e non o vín.
    Organización: correcta. Ó ter o sistema de navegación sempre visible e un contido máis ou menos abundante é moito máis manexable.
    Estupendo traballo
    marotlo

    ResponderEliminar
  5. As notas definitivas inclúen
    Proxectos e axustes
    Manual estilo: 0,4
    Blogs (relación entre número de entradas, participación noutros blogs e resumos exposicións): 0,3, 0,4 ou 0,5
    Traballos teóricos e exposicións: 0,3 ou 0,5
    marotlo

    ResponderEliminar
  6. Temas que entran no exame (deixados na carpeta de traballo e sobre os que tiveron que realizar consultas nos blogs):
    cadrorecursosmultimedia; colorweb; consejosbuendiseno; deseno_web_xeral; evolucion_web2_0; facilidaduso-variantes_web; fasesproxecto; Guia_Breve_CSS; Guias_estilo; imaxes_web; origenes_animacion; tags_audiencias; tema2_proceso_traballo; tema4.linguaxes; tipografia_web; mapa_Web_2_0.
    marotlo

    ResponderEliminar