Presentamos a continuación as dúbidas, organizadas segundo o artigo do que saen.
SONIDO VIDEO
- Se realmente o son dixital supón un avance respecto ó son analóxico, por que segue habendo gravacións en analóxico por criterios artísticos?
- Como mantén o mp3 unha calidade de audio tan semellante ó cd sen ter que prescindir do son estéreo? Porque en espazo ocupa moito menos.
- Problema do cine en Internet, duración limitada dos arquivos en Youtube, escasa calidade de Megavideo e demais... Interesa superalo ou daría demasiados problemas polo acceso gratuíto a eses videos?
TAGS
- Que é exactamente un ficheiro log?
- Non é en certa maneira tamén algo fraudulenta a forma de medir os cachés, que contabiliza páxinas polas que se pasa só para chegar á anterior por pulsar o botón atrás?
LINGUAXES
- Por que é necesario ás veces activar un control ActiveX para poder ver unha páxina?
DOCUMENTACIÓN
Aínda que non estaba previsto ler todavía a carpeta de "documentación", ao botarlle un vistazo xurdiron varias dúbidas acerca dos artigos incluídos:
- Non temos moi claro que é exactamente o CSS. Non nos queda demasiado claro se é programación ou que é, e se é un tipo de programación, cales son as circunstancias nas que se debe empregar.
- Referido ao documento de criterios de evaluación de sitios web, ¿existen criterios estándar para clasificalas? ¿os criterios estéticos e funcionais cambian coa época?
EVOLUCIÓN DA WEB
- Que son wikis?
- Web3 e web semántica son o mesmo?
FASES PROXECTO
- A que se refire con “buscar a metáfora que máis se axeite ó noso proxecto”?
MAPA WEB 2.0
- Non comprendemos nada, porque carece dunha explicación introductoria e non coñecemos datos suficientes ó respecto.
IMAXES WEB
- Fai unha recomendación sobre a cor das imaxes, é referido a usalo en páxinas web? Porque parece o lóxico pero non queda claro.
MANUAL ESTILO INFORME
- A que se refire con orzamento e financiación? Porque realmente o noso presuposto sería ficticio ou cero, como podemos averigualo? En que medida temos que ter en conta a financiación e traballar co seu concepto?
- Son analóxico e dixital. A resposta seguro que xa a tendes vos mesmos. O son dixital é un avance técnico. Os avances solucionan cousas, fan máis fácil o traballo, son rápidos, etc. pero eso significa que todo o mundo teña que ter unha aspiradora. É sí é certo que os amantes da música, os auténticos melómanos prefien o vinilo ó CD, ¿por qué? unha das razóns é que o son no vinilo é mellor, ofrece máis calidade. É unha boa pregunta para que o resto dos vosos compañeiros contesten tamén.
ResponderEliminar- MP3, é polo sistema de compresión dos arquivos de audio. O sistema de compresión na web están pensados para alixeirar o ficheiros, para que pesen poico e se descaguen con rapidez. As redes, ata a chegada do adsl, ía a unha velocidade lenta, moi lenta, e se buscaron saídas para que poidera equilibrarse a calidade e un menor peso.
Convirteuse nun estándar que pode comprimir son de alta calidade, aínda que sí hai perdas que se notan especialmente nos equipos de alta fidelidade. Así que foi o primeiro formato de compresión de auio que se popularizou gracias a internet. Facilitou o intercambio de ficheiros musicais.
marotlo
- Cine en internet. Bó as páxinas como You Tube non se poden considerar exactamente cine. Son máis ben páxinas de entretenemento que de cando en vez alguén sube algo interesante e que o sitio se convirte nun espazo de promoción. As páxinas de vídeo teñen que ter uns servidores super potentes e ó mellor non se entende como se poden manter gratuitamente. Unha película comercial está almacenada tamén en servidore e pagarías por descargala ó teu orenador ou pagas por vela sin necesidad de almacenala no ordenaddor, coa tecnoloxía streaming. Quizáis a pregunta podedes contestala vos mesmo. Interesa, sí e cada vez máis, porque o que vai interesar é cobrar e para isto hai que dar calidade.
ResponderEliminarmarotlo
- Log. Son archivos en los que se recogen las visitas que tienen las páginas de un sitio web. El log de visitas es un archivo que se crea en el servidor donde se registran las acciones que los usuarios realizan en la web. Un log de 20.000 visitas puede pesar 3 megas. El log nos dará información sobre que información están solicitando los usuarios, que información les resulta más interesante, cuando la necesitas, rutas de información, etc. Se se trabilla con seriedade, os ficheiros log analízanse, estudíanse para saber que aceptación ten a nosa web e ese proceso debería levar a quedarse só cos datos axeitados, os que responden realmente a tráfico de individuos que fan algo na web. Polo tanto toda aquela información que é irrelevante e que non reflexa un movimento real no sitio non debería terse en conta. ¿Faise?.
ResponderEliminar- ActiveX. A activación dos comandos ten que ver coa seguridade coa que se teña configurado o ordenador. Pero segundo parece pódese activar e desactivar, ás veces, automáticamente e de xeito temporal. É unha cuestión técnica. Pode que a configuración de seguridade sexa demasiado restrictiva ou que o navegador estea dañado e non funcione moi ben.
CSS. Son especificacións sobre o estilos físicos que se aplican a un documento HTML, separando o que é a estructura lóxica do mesmo (cabeceiras, párrafos, etc.) e o aspecto físico (a presentación, táboas, tipografías, capas, etc.). A finalidade é crear estilos separados das etiquetas HTML e aplicalos en bloques, en conxunto sen necesidade de ir etiqueta por etiqueta. Hai que coñecer as normas de creación e as etiquetas para poder traballar coas follas de estilo. E sí, hai que traballar coas follas na parte do código.
ResponderEliminarhttp://www.w3c.es/divulgacion/guiasbreves/
HojasEstilo#intro
Avaliación e facilidade de uso. Sempre hai unhas variables estándares. En realidade poucas páxinas deben axustarse á multitude de parámetros que se poden avaliar. En todo caso, cada proxecto vaise axustando na medida das opcións que se teñan. A todas non se poden respostar, pero a identificación da información, a referencia ás fontes, que as imaxes non pese moito ou que non haxa enlaces sen funcionar, son aspectos fácilmente controlables. Na seguinte páxina tendes unha aproximación:
ResponderEliminarhttp://www.nosolousabilidad.com/articulos/
heuristica.htm
- Web 3 e web semántica son o mesmo.
- Wiki é unha plataforma na que todos os autores poden modificar, engadir, correxir, actuar de forma máis rápida que na bitácora.Permite un traballo máis colaborativo e se permite que todo o mundo poida intervir, todo o mundo que acceda a ela pode modificar e engadir o que se lle ocora. É o sistema sobre o que funciona a wikipedia. É máis áxil na actuación que na bitácora e ten unha estructura diferente.
http://www.maestrosdelweb.com/editorial/
queeswiki/
- Metáfora. A metáfora é unha forma de concebir a nosa interfaz que visualice a estructura do noso proxecto. Que englobe o que queremos decir e como o queremos decir. Lembremos a proxecto do ano pasado sobre a radio. Elexiron como interfaz un aparello de radio antiguo. Esa era a metáfora que respondía a idea e ós obxectivos do proxecto.
ResponderEliminar- Mapa Web2.0. O mapa é un elemento conceptual. Reflicte ferramentas e comportamentos que permiten esas ferramentas. Sí teñen un documento onde se fala do que é a web 2.0, está no mesmo material onde se fala da web 3.0. Sí leron este material xa dispoñen dunha idea global do mapa. É un recurso para ver de xeito rápido os instrumentos que definen a web 2.0.
Imaxes web. Sí. Sería vencellado coas páxinas web
- Financiación e orzamento. Refírese a necesidade de que busquen a maneira de poñer prezo ó seu traballo. En tempo, en medios humanos e medios materiais. Como se financiaría a súa web: pago de contidos, gratuita, ou un sistema híbrido. Habería que justificar calquera deles. E en anto o orzamento, habería que saber cantos cartos precisaría para facer este tipo de traballo. Por suposto todo ten que ser aproximado, pero sí máis ou menos real. Para averiguar miren na web prezos e costes de páxinas web, presupostos. Na rede seguro que se atopan ejemplos que podemos adecuarlos ó noso proxecto. Pero saber o que costa é un traballo que teñen que averiguar, aló menos, aproximarse.
Se as miñas respostas non están claras, por favor, insistan.
marotlo