A idea definitiva a levar a cabo polo noso grupo é a elaboración dunha páxina web promocional dun traballo cinematográfico factible (pero inexistente en principio), a través da invención e desenrolo dunha historia.
Ademais de ter unha temática que nos interesa e por suposto nos motiva, cremos que pode resultar realmente útil coñecer a parte promocional destes traballos onde o emprego de páxinas, diarios, blogs… promocionais é unha práctica cada vez máis frecuente. Este feito chámanos a atención e cremos que poderemos cubrir os contidos correspondentes con material interesante e creativo.
Danos tamén a oportunidade de traballar unha historia propia, que posteriormente podería desembocar nalgún outro tipo de proxecto, e que non depende tanto doutros materiais xa existentes que condicionen e limiten os contidos.
O material a incluír ofrece unha ampla variedade de opcións, e estará disposto en apartados; como a sinopse, o trailer da peza, material promocional (posters, carteis, banners, fondos…), críticas, notas de prensa, fichas técnicas do equipo e do elenco, etc.
Estes serían os contidos principais, pero cabe a posibilidade de engadir moitos máis, como por exemplo un diario de rodaxe, que actualmente é un mecanismo promocional moi de moda.
Co proxecto cinematográfico aínda sen determinar, é complicado definir un target para o mesmo e, polo tanto, tamén para a web. Son moitos os factores dos que depende o público obxectivo, comezando polo xénero do traballo. De tódolos xeitos, este medio promocional deixa á marxe ó público máis novo e tamén o máis maior, polo seu menor aceso á rede. Grosso modo falariamos dun rango de idades entre 18 e 35 anos, que iremos concretando, conformado sobre todo por cinéfilos e xente interesada no cine español e galego.
Cremos que é o momento adecuado para empezar a facer bulir as nosas ideas e axudarnos dos proxectos de clase para medrar como profesionais.
ResponderEliminarÉ unha idea moi, pero que moi ambiciosa pero que pode quedar estupenda.
Moita sorte compañeiros
soa estupendamente, esperemos que de ahí saía algo fructífero! sortee!
ResponderEliminarrespecto o guión do debate, vos tratedes o tema dos "dereitos de autor e propiedade intelectual"..gustianos que vos pasarades polo noso blog e virades se o noso último punto tratadelo moito vos ou non? por non repetir e esas cousas :)
Idea moi interesante! Se cadra, a partir deste proxecto, sae todo un éxito de taquilla! Nunca se sabe...
ResponderEliminarTendes que revisar o material que deixei na carpeta de documentación. Hai que facer preguntas sobre os mesmos para resolver dúbidas ou calquer tipo de incidencia.
ResponderEliminarA clase de mañá mércores é na AI6.
Falta a bitácora de Isaac Pérez
marotlo