miércoles, 9 de diciembre de 2009

Redes sociales.

En nuestro grupo, empleamos dos de las redes sociales (tuenti y facebook). A diferencia de la opinión mayoritaria, nosotros nos encontramos más cómodos con la funcionalidad y el diseño del facebook, porque aunque es cierto que tuenti es más sencillo de utilizar en un primer uso, lo encontramos muy limitado en cuanto a opciones y creemos que su funcionalidad es muy escasa y limitada.
Creemos que su éxito sólo es debido a su mayor implantación, y las redes sociales funcionan por el boca a boca, además de una idea ficcional de elitismo que se vende al restringir el acceso mediante una invitación.

Logotipos e contidos web

Os logotipos
Unha boa exposición, moi interesante e entretida. Cabe destacar a relación entre logotipo e tipografía (tema que ademais temos recente da semana anterior). Ámbolos dous débense adecuar ó produto que se ofreza, de xeito que garden unha mínima relación perceptible para o consumidor-espectador, e que ademais sexa unha imaxe retida e recoñecible. O renovarse ou morrer neste aspecto é fundamental; sobre todo cos constantes cambios na demanda de cada mercado, a oferta débese readaptar.

Calidade dos contidos

É un tema máis teórico, e polo tanto máis complicada de dinamizar. A calidade non é o mesmo que a cantidade; os criterios de elección de presentación dos contidos farán que o noso visitante quede a ollar a nosa web; e a súa calidade logrará que visite cada unha das páxinas que contén. O obxectivo é conseguir unha páxina que pague a pena ver, e niso, a presentación, a facilidade de aceso, actualizacións, fiabilidade, e outros tantos factores, son fundamentais.

lunes, 30 de noviembre de 2009

Comentarios acerca de las exposiciones.

¡Hola!

En cuanto al primer trabajo, el de comunicación visual:
1. Encontramos que el tema era muy amplio y era difícil de abarcar sin pasar de un modo pormenorizado por el. Por ejemplo, en el tema del color, no se trató con profundidad, sino como una enumeración a pesar de que podría haber sido muy interesante, pero creemos que el error de base está en la amplitud del tema y el poco tiempo.
2. No había demasiadas cuestiones para realizar un debate: era muy teórico y objetivo.
3. La exposición estuvo bien ilustrada y facilitaba la comprensión del tema.
4. Tratándose de comunicación, echamos de menos una perspectiva más semiótica.

El segundo trabajo, el de la tipografía encontramos que:
1. Muy detallado y muy bien expuesto. Tema tratado en profundidad.
2. Ejemplos muy ilustrativos, dinámicos y útiles.
3. El único punto negativo sería el tiempo, pero realmente fue muy bien aprovechado.
4. Encontramos muchos puntos que nos serán de gran utilidad en el diseño de nuestra página web.
5. Nos hizo debatir acerca de la relevancia de la tipografía en el plano psicológico.

miércoles, 18 de noviembre de 2009

Dúbidas acerca de temas de deseño

Presentamos a continuación as dúbidas, organizadas segundo o artigo do que saen.


SONIDO VIDEO

- Se realmente o son dixital supón un avance respecto ó son analóxico, por que segue habendo gravacións en analóxico por criterios artísticos?

- Como mantén o mp3 unha calidade de audio tan semellante ó cd sen ter que prescindir do son estéreo? Porque en espazo ocupa moito menos.

- Problema do cine en Internet, duración limitada dos arquivos en Youtube, escasa calidade de Megavideo e demais... Interesa superalo ou daría demasiados problemas polo acceso gratuíto a eses videos?

TAGS

- Que é exactamente un ficheiro log?

- Non é en certa maneira tamén algo fraudulenta a forma de medir os cachés, que contabiliza páxinas polas que se pasa só para chegar á anterior por pulsar o botón atrás?


LINGUAXES

- Por que é necesario ás veces activar un control ActiveX para poder ver unha páxina?


DOCUMENTACIÓN

Aínda que non estaba previsto ler todavía a carpeta de "documentación", ao botarlle un vistazo xurdiron varias dúbidas acerca dos artigos incluídos:

- Non temos moi claro que é exactamente o CSS. Non nos queda demasiado claro se é programación ou que é, e se é un tipo de programación, cales son as circunstancias nas que se debe empregar.

- Referido ao documento de criterios de evaluación de sitios web, ¿existen criterios estándar para clasificalas? ¿os criterios estéticos e funcionais cambian coa época?


EVOLUCIÓN DA WEB

- Que son wikis?

- Web3 e web semántica son o mesmo?


FASES PROXECTO

- A que se refire con “buscar a metáfora que máis se axeite ó noso proxecto”?


MAPA WEB 2.0

- Non comprendemos nada, porque carece dunha explicación introductoria e non coñecemos datos suficientes ó respecto.


IMAXES WEB

- Fai unha recomendación sobre a cor das imaxes, é referido a usalo en páxinas web? Porque parece o lóxico pero non queda claro.


MANUAL ESTILO INFORME

- A que se refire con orzamento e financiación? Porque realmente o noso presuposto sería ficticio ou cero, como podemos averigualo? En que medida temos que ter en conta a financiación e traballar co seu concepto?

lunes, 9 de noviembre de 2009

Idea definitiva.

A idea definitiva a levar a cabo polo noso grupo é a elaboración dunha páxina web promocional dun traballo cinematográfico factible (pero inexistente en principio), a través da invención e desenrolo dunha historia.

Ademais de ter unha temática que nos interesa e por suposto nos motiva, cremos que pode resultar realmente útil coñecer a parte promocional destes traballos onde o emprego de páxinas, diarios, blogs… promocionais é unha práctica cada vez máis frecuente. Este feito chámanos a atención e cremos que poderemos cubrir os contidos correspondentes con material interesante e creativo.

Danos tamén a oportunidade de traballar unha historia propia, que posteriormente podería desembocar nalgún outro tipo de proxecto, e que non depende tanto doutros materiais xa existentes que condicionen e limiten os contidos.

O material a incluír ofrece unha ampla variedade de opcións, e estará disposto en apartados; como a sinopse, o trailer da peza, material promocional (posters, carteis, banners, fondos…), críticas, notas de prensa, fichas técnicas do equipo e do elenco, etc.

Estes serían os contidos principais, pero cabe a posibilidade de engadir moitos máis, como por exemplo un diario de rodaxe, que actualmente é un mecanismo promocional moi de moda.

Co proxecto cinematográfico aínda sen determinar, é complicado definir un target para o mesmo e, polo tanto, tamén para a web. Son moitos os factores dos que depende o público obxectivo, comezando polo xénero do traballo. De tódolos xeitos, este medio promocional deixa á marxe ó público máis novo e tamén o máis maior, polo seu menor aceso á rede. Grosso modo falariamos dun rango de idades entre 18 e 35 anos, que iremos concretando, conformado sobre todo por cinéfilos e xente interesada no cine español e galego.

domingo, 8 de noviembre de 2009

Ideas para o proxecto

Logo dun proceso de debate longo e duro, pero que rematou por ser fructífero, xa temos unha idea decidida para o noso proxecto. Porén, esta entrada non está adicada a comentar esa idea, senón todos os pasos previos a este punto final, e o que quedou polo camiño.

Ó ser un grupo de cinco persoas, partíamos con quince ideas iniciais:

- Unha páxina adicada á crítica de cine.

- Unha centrada na figura dalgún actor ou director.

- Unha web de crítica gastronómica, pero só de lugares nos que os estudantes nos podemos permitir comer habitualmente.

- Unha web de subastas de obras de arte, ó estilo de Sotheby's ou Christie's, pero en Internet e con obras creadas por nós mesmos.

- Unha de crítica e actualidade musical.

- Unha de temática semellante, pero centrada exclusivamente na música galega.

- Unha que cubrira as futuras eleccións a decano.

- Un canle televisivo ficticio.

- Unha web de cotilleo, na que poderíamos difundir rumores falsos pero sempre interesantes.

- Unha web na que a xente aportara listas temáticas de cancións, discos ou filmes, ó xeito de "As dez mellores cancións para un día de choiva", etc.

- Unha web sobre a fealdade, dende o punto de vista das persoas feas que, a pesar da súa eiva, conseguiron grandes éxitos na súa vida e o seu traballo.

- Un xornal dixital ficticio.

- Unha web sobre as peores películas da historia do cine.

- Unha web que apoiara a liberación de Roman Polanski, semellante a unha ONG de apoio.

- Unha web que ilustrara o nacemento dun movemento cultural, cun manifesto, influencias, exemplos da súa creación, membros do movemento, artigos, etc.

Nunha primeira criba, caeron a maioría destas ideas, xa fora pola súa difícil realización (caso da canle televisiva ou do xornal); polos problemas para aportar algo novo (como, por exemplo, se nos centráramos na vida dun director ou na actualidade musical); pola súa limitación temática ou temporal (como as eleccións a decano, as listas, a liberación de Polanski...); polos problemas éticos que plantexaba (caso dos rumores falsos ou a fealdade) ou por carecer de verdadeiro interese ou un público obxectivo difícil de concretar.

Destas quince ideas, quedamos só cunhas poucas.

A primeira delas, a da crítica gastronómica. O problema desta idea era que nos gustaba moito se falábamos dela antes de comer, pero logo de encher o estómago xa non nos aportaba demasiado. Obxectivamente, tamén nos semellou algo limitada á hora de enchela de contido, porque nos obrigaría a pensar en máis seccións aparte da simple crítica, e é complicado atopar ideas que realmente casen con ela. Polo tanto, rematamos por rexeitala, a pesar da vantaxe que supuña ter un público obxectivo definido (estudantes de Compostela).

No caso da crítica de cine, motivábanos creativamente, e partíamos de que xa tiñamos algún material do que partir para enchela de contido. Pero a existencia dunha cantidade ben grande de webs adicadas a este campo botounos para atrás, pola nosa máis que posible incapacidade de mellorar os produtos existentes ou aportar algo novedoso, tamén no que ó deseño se refire.

O tema das subastas ficticias de arte tiña de positivo que nos motivaba a crear as obras de arte ficticias, e que o seu público obxectivo era fácil de definir, pois iría en función do poder adquisitivo e do nivel cultural. O problema estaba na dificultade de crear unha páxina desas características, pois as aplicacións que se empregan sonnos completamente descoñecidas, e ademais os catálogos das webs existentes son enormes, e levaríanos moito tempo chegar a algo similar.

Por último, a que nos parecía a mellor idea era a de crear un movemento cultural ficticio e unha web que o ilustrara. Era unha idea que nos motivaba moito creativamente, posto que podíamos achegar ó respecto material videográfico, fotográfico, literario... e orientalo dunha maneira crítica e irónica contra o comportamento de moitos dos "artistas" de hoxe en día. Ademais, parecíanos que era algo que, aínda ficticio, era perfectamente factible, posto que a situación actual do arte podería provocar en calquera momento o nacemento dalgún movemento que tentara rachar co establecido, e moitas veces estes movementos xurdían a partir da acción individual dunhas poucas persoas. Ademais, o ser unha web de creación propia evitábanos depender doutras fontes e estar sempre supeditado ó material xa existente.

De todas maneiras, logo de poñer a idea en común coa profesora na clase, observamos as súas carencias: dificultade de establecer o público obxectivo, carácter excesivamente ficcional, o público non necesita realmente este proxecto, problema de poder equiparalo a outros movementos culturais do pasado.

Así pois, tamén rematamos por rexeitar esta idea. Pero, na próxima entrada, contaremos pormenorizadamente cal é a nosa idea verdadeiramente definitiva.

viernes, 9 de octubre de 2009

WONDERFUL 5

A entrada na web é moi confusa, posto que onde se resalta o texto "haz clic para entrar" non hai hipervínculo, e temos que arrastrar o rato pola imaxe ata atopalo. A opción de quitar a música non é cómoda, e ademais a canción comeza cada vez que abrimos un novo link. A galería de imaxes é pouco práctica, posto que obriga a ver as imaxes na orde que vén dada, sen posibilidade de pasar adiante e atrás. A cor a marela pode chegar a resultar molesta, e os distintos logos quedan algo incoherentes entre si.

GUIONIZA

A primeira impresión é estraña; a web permite baixar pero non hai nada que ver. O deseño é moi simple, pero funcional. Algún dos links (en "proyectos") leva fóra da páxina, o que é incómodo porque se acumulan as páxinas abertas. A sección de noticias é cómoda e interesante, pero queda moito espazo desaproveitado e pode facerse soso. Os contidos son básicos, pero coherentes e ben adecuados ó tema.

AOLIMITE

A páxina de inicio ten un tamaño excesivamente grande; obriga a empregar o scroll e fai difícil a visualización xeral dos contidos. A navegación é incómoda e obriga, no apartado de receitas, a baixar co rato en lugar de pasar á seguinte por fichas. Sen embargo, os enlaces palían ese problema en certa maneira. Os hipervínculos da páxina de inicio son confusos, e a organización é mala, posto que todo é caótico e complexo. O deseño é incoherente, e nalgunha ocasión semella pouco traballado.

OITENTEIROS

Ó igual que en Artesala, o deseño non lle fai xustiza á orixinalidade dos contidos. A estética dos anos 80 que tenta recuperar tradúcese nunha estética pouco traballada, inconexa e incoherente (distintos tipos de letra, cores, estruturas...) que non transmite madurez en ningún momento. A navegación faise incómoda pola ausencia dun botón para volver atrás. Hai hipervínculos que non levan a ningún lugar, o que quita imaxe de profesionalidade.

minimalab

O inicio é cómodo e sinxelo, acorde coa temática minimalista da páxina, que se mantén en toda a navegación. O deseño é moi coherente nese sentido cos propios contidos, e a imaxe da páxina ten gancho, os logos son chamativos e sinxelos de recordar. O único negativo é o tamaño das imaxes, que non se poden ampliar. Polo demais, quedamos cunha impresión moi boa.

ARTESALA

A animación de introducción é excesivamente longa e non se pode saltar, e iso fai molesto o uso da páxina, posto que a función de presentación non é necesaria a partir da segunda visita. As imaxes non teñen unha calidade óptima, e queda a medio camiño entre unha estética de collage e unha falta de traballo. Os contidos son divertidos, pero a estética destes non coincide coa da animación e do inicio, ó igual que o fondo. A sección de fotos ten fallos de deseño, aparecendo as fotos fora do marco e con contidos descentrados... En xeral, cremos que o deseño non lle fai xustiza ós contidos.

ZAPA

O inicio é orixinal e traballado, o que crea unha impresión positiva xa de inicio, posto que ó comezar a navegación pola web vemos que é acorde ó que prometía nun inicio. A estética é continua e dá unha sensación de coherencia que noutras páxinas non se consegue. O deseño está moi traballado, como se observa na conxunción de imaxes, cores, logos e animacións, e os contidos son completos e variados.

A navegación faise un pouco incómoda nas galerías de imaxes, pola imposibilidade de pasar dunha a outra con rapidez, o que se podería solucionar cun slide.

KEN AND THE DOLLS

Comparando este traballo co anterior, tendo en conta que ambos funcionarían como webs promocionais sobre grupos, este achégase moito máis ó que iso debería ser. A imaxe que se dá é moderna e desenfadada, cun inicio orixinal e creativo, un uso das cores continuo que dá unha especie de imaxe de marca... Os contidos son orixinais e traballados, e o fondo é cómodo e adaptado á temática. O único negativo que temos que comentar é que é preciso mover o scroll para poder visualizar a páxina de inicio ó completo, e iso non é práctico.

TUTTI FRUTTI

O contido é amplo, o cal é bo. Non hai botón de inicio, pero pódese chegar facilmente a calquera punto da web, o cal non é do todo malo. O espazo está desaproveitado, o movemento e as cores son moi molestas no inicio, os fondos superpostos son de mal gusto e semellan estraños e siniestros, e en xeral a imaxe que se dá é arcaica. O cal é moi negativo.

QUETEQUERO

A primeira impresión que temos deste traballo é mala. A páxina de inicio parécenos innecesaria, e abusa das cores facéndose recargada e molesta. Esta estridencia nos tons continúa durante todo o uso da web, e fai que a navegación non sexa agradable nese sentido. Sen embargo, tendo en conta a temática da páxina, é positiva a súa orixinalidade.

A navegación é cómoda, e os enlaces facilitan o paso duns elementos a outros. De todas maneiras, semella excesivamente pechada nos seus contidos, sen tendencia á actualización. Ó incluír un e-mail de contacto podería camiñar cara ese obxectivo, pero non se concreta para nada.

RADIOACTIVOS

A impresión xeral que temos desta páxina é moi positiva. O motivo principal desta valoración é a súa funcionalidade: a navegación pola web é moi cómoda e sinxela, e adáptase perfectamente ó cometido de achegar información de utilidade sobre a radio. En canto ós contidos, a web é completa e aporta elementos pouco comúns noutras páxinas do mesmo ámbito.

O principal problema que atopamos en canto ó deseño é o desaproveitamento do espazo, posto que hai unha parte moi grande da pantalla que queda sen utilizar. Porén, consideramos que é orixinal e ben estruturado.

jueves, 8 de octubre de 2009

Benvidos ó rancho


Ola. Bon rodeo.